top of page

María e o inglés

O pasado sábado 4 de Marzo entrevistamos a María, unha compañeira que estudou Dirección e Administración de Empresas en Santiago de Compostela. Estivo traballando en Londres de Au pair (coidadora de nenos interna) para aprender o idioma. Actualmente traballa nunha empresa de compra e venta de pezas de coche, como administrativa.


-Por que marchaches para Londres?

-Porque a acabar a carreira non encontraba aquí traballo, entonces, falarame un amigo do traballo de Au pair e fonme para alá.

-Tiña algo que ver o que estudaras?

-No, non tiña nada que ver. O único para aprender inglés, iso si que me seria moi útil.

-Tivo algo que ver a túa situación laboral en España?

-Si, moito, non encontraba traballo e foi cando decidín marchar para alá.

-Que espetativas tiñas cando marchaches?

-Aprender inglés o suficiente como para atopar traballo pronto.

-Cumpríchelas?

-Si- contesta moi orgullosa de si misma.

-Que nos podes contar do traballo que desempeñaches.

-O traballo que facía alá era coidar de dous nenos. A nai era azafata, e 4 días enteiros estaba cos nenos o resto estaba eu ao seu cargo, era o adulto responsables. Dáballe de comer, levábaos ao colexio e etc. As miñas ventaxas e que vivía con eles, así non tiña que pagar un alquiler.

-O pai estaba moito pola casa?

-Ao principio si, porque ao principio aínda estaban xuntos. Pero a medida que eu estaba alá a relación foise acabando e separáronse despois de Nadal. Desde aquela solo viña cando a nai non estaba na casa, así de vez en cando.

-Que che chamou a atención especialmente dos inglés?

-Sobre todo o que máis me chamou a atención é que en vez de merendar un bocadillo, merendaban un plato ou uns espaguetes ou facían croquetas ou cousas similares. Como si comeras ao medio día -di Mari entre sorrisos.

-Que diferencia atopas con respecto as nosas?

-A parte da de merendar. Os horarios, levántanse moito máis tempérano e déitanse moito máis cedo, as sete xa lle daba de cenar e as oito e media xa estaban na cama. Teñen unha vida que empezan moito máis tempérano e acaban moito máis tempérano que aquí.

-Acostumácheste rápido?

-Si, a verdade e que si.O único foi estar pendente dese horario, ao final acábaste acostumando.

-Prefires ese horario ou o español?

-A verdade e que prefería ese, levantarse tempérano, eu son máis de madrugar. entonces prefiro levantarme máis temerano saír as cinco da tarde que é o horario que teñen de oficina e despois das cinco ter toda a tarde libre.

-Que visión xeral tes agora dos ingleses?

- Que son un pouco sosos, un pouco tirando a bastante e a demais que son uns aburridos- respóndenos entre risas.

-Por que?

-Porque non teñen sentido do humor a verdade e que son un pouco raros- di confundida.

-Sentícheste cómoda alá?

- A verdade e que si, tocoume unha familia boa entonces non turben problema. Pero coñezo xente que as dúas semanas tuberon que marchar, ou que os votaron , ou casos similares.- cóntanos aliviada por atopar a boa xente.

-Custouche adaptarte?

-Xa che digo a familia fixo que me adaptara facilmente. Se tubera outra familia igual me costara máis. Eles para min son como unha segunda familia- di con bagoas nos ollos.

-Tiveches algún problema ao principio?

-A nai era moi quisquillosa co tema da limpeza e tal, ao principio costoume un pouco. Cando ela me decía algo xa mo decia con un tono un pouco malo referíndose a que xa tiña que salir de min antes de que ela mo dixera.

-Que foi o que máis votaches de menos de aquí?

- A comida- riese- sobre todo a comida, porque alá era todo precociñado. E a demais a miña familia a nai era filipina entonces era todo acompañado de arroz e non había patatas e votáballe moitas especies a comida.

-Como te trataba a xente?

-Pois dependía, había algúns que viñas de España e non sabías o idioma e tratábante ben e outros todo o contrario, e dicir, si non falabas inglés vaite para o teu pais- contábanos furiosa.

-Sentícheste acollida?

-Si- asegura.

-Non te sentiches discriminada por vir de aforra?

- Xa che digo en algúns sitios si, como que si viñas de aforra como que te miravan mal e si non sabías o idioma aínda máis. En cambio teño unha anécdota de ir ao cine eu sola e o acomodador antes de que empezara a película, veu a onda min sentouse ao meu lado e a preguntarme cousas como si nos coñeceramos de toda a vida- cóntanos feliz.

- En conxunto gustaríache vivir en Londres?

-Nin si nin no.

-Explícanos iso

-Por unha parte si porque non me dou tempo a ver todo o que quería ver, estiben un ano. Por atraparte no, estaba laxos da familia e estaba como sola. Si estibara meu mozo conmigo igual si aínda que miña familia non estibara cerca. Pero aínda así tiraría máis para a casa.

- Queres volver?

-Si, a demais quedamos coa familia en facernos visitas, si saín problema gustaríame volver a velos- coméntanos triste.

-Que votas de menos de aquel pais?

-O ambiente que hai, o metro encantábame. Eu pasábao xenial, aquel metro e diferente, escoitas diferentes idiomas e iso solo pasa alí.- cóntanos ríndose.

-Consideras que é útil o que aprendeches?

-Si, porque as primeiras semanas estaba co tradutor do móbil e agora podo entablar unha conversación en inglés con calquera persoa como si falara en galego.

-Como che influíu na busqueda de traballo ter unha boa formación de inglés?

-Moi ben, por exemplo eu antes de marcharme para Londres non tuben nin unha soa entrevista de traballo, e cando cheguei tuben como catro ou seis entrevistas.

-Tendo en conta o que viches, que opinas sobre viaxar a outros paises?

-Que se debe facer. É unha experiencia que antes de sentarte nun lugar tes que viaxar coñecer sitios, aprender idiomas.

-Que aspectos positivos e negativos atopas niso?

-Positivos o de que aprendes un idioma e vaiche valer moito cando traballes agora casi todos os traballos necesitan inglés ou outro idioma. E negativo que pasa malas épocas de estar solo nese pais, que che coste adaptarte ou que non encontres xente con quen relacionarte , ese seria o aspecto máis negativo que encontraría.

-Si te propuxeras traballar alí, de que traballarías?

-En Londres o bo que ten e que si queres traballar en calquer sitio tes que empezar desde abaixo e acabaras subindo, e ao mellor traballas do que che gusta, en cambio aquí en España no.

-Repetirías a experiencia noutro pais?

-Si, antes de encontrar o traballo estiben pensando en irme a Italia.

-Cal elixerias e que outra lingua che gustaría aprender?

-Pois estiben aprendendo algo de italiano e algo de portugués, a alemán xa o vexo algo máis difícil.-comenta ríndose.

-Que consello nos darías a calquera persoa que queira empezar unha experiencia como esta?

-Pois que non teña medo, que asusta pero ao final non é para tanto.

-Por que?

-Porque dis eu sola por aí polo mundo adiante pero chegas alí e sempre tes a alguén con quen contar, porque como din "hasta hai un galego na luna antes de que chagara o home". Eu por exemplo teño unha amiga en Londres que é de Ferrol. Así que non hai que ter medo e aventurarse a aventura.-aconséllanos María.


  • Vimeo - Black Circle
  • SoundCloud - Black Circle
  • Blogger - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
 etiquetas: 
No hay etiquetas aún.
bottom of page