top of page

IX Concurso de microtextos


A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o VIII concurso de microtextos (curso 2015-2016). Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

Bases do concurso:

- Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.

- Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun máximo de oito versos.

- Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.

- A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “Billa”.


- Os traballos deberán a entregarse aos profesores do EDLG ou a calqueira dos que promava esta actividade. No texto presentado debe constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así como a categoría á que pertence.

- O prazo límite para enviar os textos será o Martes 28 de Marzo.

- Cada centro escollerá dous finalistas por categoría que serán os que participen no concurso comarcal

- Categorías:

A: Infantil

B. 1: 1º ciclo de primaria.

B. 2: 2º ciclo de primaria.

B. 3: 3º ciclo de primaria

C1: 1º e 2º cursos da ESO

C2: 3º e 4º da ESO

D: Bacharelato.

E: Profesorado, persoal non docente e familias.

XURADO: Os traballos finalistas enviaranse á escritora Miriam Ferradás que actuará de xurado.

- Premios: Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus finalistas. Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría . Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.


Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nas páxinas webs ou blogs dos centros educativos participantes, así como nas respectivas revistas escolares.


 

Como inspiración para os próximos concursantes podedes ler a continuación algúns microrrelatos dos gañadores e finalistas das convocatorias pasadas:


Microrrelatos

ORIENTE MEDIO

Deixouse caer rendida diante daquela xente. Tentou a resposta:

-Canto doe a inxuria?

-Cincocentas pedras.

Uxía Outón 4º ESO

O MUNDO PERFECTO

Sacoulle unha foto ao gato que se atopaba no muro e cando levantou a mirada, o gato desaparecera. Enfocou cara unha árbore e sucedeu o mesmo.

Eliminou cincocentas cousas que lle molestaban.. Cando acabou coas que odiaba, enfocou ao sol, ás casas, ás rúas…

Despois, mirou o reloxo, comprobou a hora e foi buscar un espello.

Ana Cancela Rodríguez 4º ESO

Micropoemas



  • Vimeo - Black Circle
  • SoundCloud - Black Circle
  • Blogger - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
 etiquetas: 
No hay etiquetas aún.
bottom of page